Confianza, proximidade e máxima calidade.
Comprometidos contigo

Os valores que guían a actividade de Campos Estela son a confianza, a proximidade, o diálogo coas escolas e as familias, a máxima calidade nas propostas educativas e de alimentación, a flexibilidade do servizo e a paixón por un traballo que ten o reto de contribuír a un futuro mellor para os nenos e nenas. Para definir como nos poderiamos comprometer coa sociedade e deseñar xuntos unhas liñas de traballo, contamos coas achegas de entidades sociais, provedores, clientes e traballadores do noso equipo. Esta labor conxunta permitiunos desenvolver todo o talento que se xera ao redor da organización con accións que levan a cabo os membros do equipo de forma voluntaria.

Os obxectivos do noso compromiso social son:

  • Promover un estilo de vida saludable
  • Favorecer a cohesión social
  • Fomentar o respeto polo medio ambiente

O equipo de CAMPOS RONSEL desenvolveu unha experiencia inclusiva nas escolas a través dos xogos e deportes adaptados (Vospalímpics), o descubrimento das emocións (HoliDay) e a diversidade na alimentación (SenseDays).

 

ESTILO DE VIDA SAUDABLE

Campos Estela elabora os seus menús seguindo os criterios de Dieta Mediterránea e desenvolve accións para promover hábitos de vida que beneficien a saúde.

MERENDAS SAUDABLES

O obxectivo de ofrecer merendas ás familias é concienciar da importancia de incorporar máis froita fresca na dieta dos nenos e nenas. Durante o último curso distribuímos 2.000 racións de merendas saudables como son a froita con iogur ou a macedonia con herba luísa. Fixémolo en actividades organizadas por concellos e nas presentacións do proxecto Olores do Mediterráneo comunidade educativa do municipio de Barcelona, principalmente.

 

PROXECTO OLORES DO MEDITERRÁNEO

En outubro do 2014 introducimos un proxecto sobre o mundo das aromáticas, converténdoo no eixe temático do curso. E facémolo da man da Xarxa Parc de les Olors de Catalunya. O obxectivo é que os nenos descubran e se familiaricen coas plantas aromáticas, principalmente a través da cociña. Traballamos a través do sentido do gusto (talleres de cociña e degustacións); e tamén a través de todos os demais sentidos (carro de olores: identificación de variedades de aromáticas, viveiros e hortas, traballos de manualidades, sacos de herbas, etc.). Durante este curso damos continuidade o proxecto a través da figura de Jon Espernallac, un pirata que vai navegar dun pobo ao outro do Mediterráneo, compartindo os seus coñecementos sobre as herbas medicinais que se usaban na época na que se facían longas viaxes por mar.

 

MEATLESS DAY

Dende o curso 2013-14 introducimos de forma trimestral a xornada “meatless day”, que consiste en ofrecer un menú sen proteína animal e substituíla por proteína vexetal. Ata o momento temos cociñado máis de 10.000 menús do meatless day.

 

COHESIÓN SOCIAL

 

EMPRESA CON CORAZÓN

Dende hai 5 anos colaboramos co Cáritas Diocesana de Terrassa para apoiar os proxectos de comedor social, un servizo diario que se ofrece de luns a venres a persoas con seguimento social. Por isto, entramos a formar parte do conxunto de entidades que colaboran habitualmente con Cáritas, as chamadas empreses amb cor (empresas con corazón). A modo de exemplo, servimos máis de 15.000 comidas entre o comedor El Bosc (Rubí) – ao longo de todo o 2014 – , o comedor social El Recès (Sant Cugat) – entre os meses de xaneiro e xullo – e as comidas semanais que distribuímos entre as familias usuarias e que proceden das mostras testemuña e os excedentes de cociña.

 

TALLERES DE COCIÑA PARA ENTIDADES SOCIAIS

Dende novembro do 2009, hai xa 6 anos, vimos organizando de forma semanal un taller de cociña que se ofrece de forma voluntaria aos alumnos da Finca Font del Ferro (Rubí), unha empresa municipal constituída para ofrecer unha alternativa formativa-laboral a persoas adultas con discapacidade psíquica do municipio. Ao longo do ano son 40 sesións de talleres de cociña impartidas de forma voluntaria por membros do equipo Campos Estela.

Colaboramos coa Asociación Gabella-Centro Compartir (Barcelona), unha entidade social que pertence aos irmáns Maristas e está situada no barrio Gótico. A nosa contribución ao seu proxecto educativo é a través da organización periódica de talleres de cociña dirixidos a xoves en risco de exclusión social.

RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE

 

PROXECTO “PESA E PENSA – WEIGH AND THINK”

A finais do curso 2013-14 comezamos cunha proba piloto do que vai ser o noso proxecto contra o malgasto alimentario, o Pesa e Pensa.. A iniciativa nace da observación directa dos residuos xerados nunha soa comida e facémolo a través da co-creación cos mesmos alumnos. Ás poucas semanas de poñer en marcha a idea, a xeración de residuos redúcese nun 35%. Actualmente, a redución no malgasto é dun 50% e uns 3.000 nenos están desenvolvendo o programa no comedores escolares.

 

PESA E PENSA, PASO A PASO

  • Xaneiro 2014: Pesa e Pensa ponse en marcha a través dunha proba piloto na Escola Las Flandes (Piera, Barcelona)
  • Novembro 2014: A actividade contra o malgasto alimentario inscríbese na VI Semana Europea de Prevención de Residuos. Desenvólvese en 5 escolas do Vallès Occidental, Baix Llobregat e Penedès.
  • Febreiro 2015: A Axencia de Residuos de Cataluña nomea o proxecto para o Premio European Week for Waste Reduction (EWWR) na categoría de empresa.
  • Marzo 2015: O informativo xuvenil da Televisió de Catalunya e o magazine de Barcelona Televisiò fanse eco do proxecto.
  • Abril 2015: A iniciativa accede á fase final do Premio Europeo de Prevención de Residuos. Comparte camiño con dous candidatos cataláns noutras categorías.
  • Maio 2015: O proxecto recibe o certificado de finalista dos premios EWWR en Budapest.
  • Setembro 2015: Pesa e Pensa convértese no caso práctico de setembro no web oficial da EWWR. Preséntase en París na xornada de mobilización da Semaine Européenne de la Réduction des Déchets (SERD).
  • Novembro 2015: O Pesa e Pensa desenvolvido na Escola Santo Domingo (La Ràpita) recibe o Premio Escolas Verdes.
  • Decembro 2015: Integración na proba piloto do PROJECTE REOOPEREM en colaboración con Cártias e o concello de Castellar.

 

DO VOSPA TOUR Á ESCOLA DEPORTIVA DO HOSPITAL SANT JOAN DE DEU

Durante o curso 2016/17 máis de 4.200 nenos e nenas participaron no proxecto educativo Vospa Tour. O programa está centrado en experiencias inclusivas a través do xogo e do deporte adaptado ( Vospalímpics), a identificación das emocións ( HoliDay) e a diversidade da alimentación a través de xornadas que dan a coñecer as intolerancias e as alerxias alimentarias entre os escolares ( SinDays). A culminación do proxecto tivo lugar coa doazón da handbike Vospa á Escola Deportiva do Hospital San Joan De Déu de Barcelona en novembro de 2017. Deas de entón, os nenos e nenas que participan no Programa do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación contan cun recurso máis que achégalles autonomía, ilusión e sorrisos, a bicicleta adaptada do Vospa Tour.

RECOOPEREM

Dende decembro do 2015 súmannos ao programa Recooperem “accións contra o malgasto alimentario” impulsado polo Consorcio para a Xestión de Residuos do Vallès Occidntal. Da man da Concellería de Educación do concello de Castellar e Cáritas búscase aproveitar a comida sobrante e as mostras testemuña de cara aos comedores sociais.

OLIKLAK

O sistema Oliklak permite recoller o aceite usado tento da nosa Cociña Central, situada en Rubí, como das escolas do municipio onde ofrecemos o noso servizo de cociña. É a nosa contribución ao proxecto Rubiclak que impulsan dende o Centro de Educación Especia (CEE) Can Oriol de Rubí. A través deste proxecto os alumnos desta escola aprenden a traballar en equipo e teñen unha experiencia formativo – laboral. Có sistema Oliklak evítase o risco de que o aceite usado poida contaminar a auga e, ademais, este residuo convértese en combustible biodiesel.

PLANIFICACIÓN DE COMPRAS PARA REDUCIR O MALGASTO

A nosa política de compras contempla os mecanismos para que os pedidos de alimentos se panifiquen axustando ao máximo os procesos de produción. Neste senso, unha das inquietudes e compromisos do departamento responsable de compras e dos propios/as cociñeiros/as é previr o malgasto de alimentos en orixe e combater a falta de previsión que podería xerar un excedente de alimentos, na medida que sexa posible.

 

MINIMIZACIÓN DE PACKAGING

Un dos puntos que esiximos aos nosos provedores é que os alimentos cheguen ás nosas cociñas có mínimo envoltorio posible có obxectivo de minimizar o impacto dos residuos, de forma destacada cos packaging de plástico.