Queres traballar connosco?

Valores

Se gozas co traballo ben feito, entendes a alimentación como unha oportunidade para educar, promoves uns hábitos de vida saudable, es consciente da importancia da seguridade alimentaria, séntesche capaz de desenvolver sinerxias (é dicir que para ti 1 + 1 = 3) e crees que unha empresa debe ter un compromiso coa súa contorna…

… significa que compartimos valores e que che gustaría participar nun proxecto como o noso. Non dubides, envíanos o teu CV!

Formación

 Contamos con un plan de formación continuada dirixido tanto ao equipo responsable de estar á fronte dos diferentes servizos, como os equipos de cociña e de monitoraxe de lecer. All longo dun curso escolar ofrécense charlas e xornadas dirixidas a reflexionar sobre a tarefa diaria ou ben para adquirir novas técnicas e recursos.

Por poñer só algúns exemplos, organizamos cursos de manipulación de alimentos, de alerxias e intolerancias, de prevención de riscos laborais, de técnicas de cociña saudable, de técnicas de relaxación para nenos, de primeiros auxilios para nenos, ou de educación emocional.

O noso blog

Pods Embed Error: ORDER BY contains SQL that is not allowed.